Pontevedra, Cidade de Mobilidade Intelixente Euro-China 2016

PONTEVEDRA> Pontevedra recolle un novo premio polo seu modelo urbano. O seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recibía a pasada noite en Hong Kong o galardón que a acredita como Cidade de Mobilidade Intelixente Euro-China 2016. Visiblemente satisfeito Lores asegurou que con este recoñecemento están abrindo as portas do mercado asiático.

 

De mans do director xeral do Centro Chinés para o desenvolvemento urbano e no transcurso dunha cea de gala, o alcalde de Pontevedra recollía un novo recoñecemento internacional que a acredita como Cidade de Mobilidade Intelixente Euro-China 2016 dentro do apartado de Deseño e Planificación Urbana que trata a experiencia de novas cidades, ecodistritos e zonas de baixas emisións contaminantes. 

Na compaña das outras cidades premiadas: 19 europeas, entre as que están Barcelona, Sabadell e Valladolid, e 20 asiáticas; Fernández Lores celebrou que se lle concedera este premio no que denominou a “Asia máis internacional” debido a proxección que ten Hong Kong no resto do continente.

Durante a gala, o Lores recibiu os parabéns do alcalde de Breslavia en Polonia, Capital Europea da Cultura en 2016, e do secretario de Medio Ambiente do goberno de Hong Kong polo modelo de cidade que presenta Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/premio_hong_kong.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/premio_hong_kong.mp4{/flowplayer}