O PP quere levar ao pleno da Deputación a paralización das obras do auditorio

    VILANOVA> O conflito pola paralización das obras do auditorio de Vilanova estará presente este venres no pleno da Deputación de Pontevedra. Cando menos, esa é a intención dos populares. Hoxe, o deputado Luis Aragunde anunciou que o seu grupo presentou onte unha moción urxente para pedir que se retomen os traballos no edificio de O Esteiro. Pola súa banda, o alcalde Gonzalo Durán acusou de mentir a Carmela Silva, despois de que esta asegurara que o goberno provincial cumpriría co convenio.

    O Partido Popular quere que a paralización das obras do auditorio de Vilanova non quede nun intercambio de declaracións. O grupo presentou onte unha moción de urxencia para que a cuestión se debata no pleno da Deputación deste venres.

    No documento, os populares piden que se anule a suspensión dos traballos, que se convoque a comisión de seguimento das obras e que se busquen solucións que permitan avanzar a obra.

    Os populares interpretan esta decisión do goberno provincial como unha mostra da animadversión que, aseguran, sinte a presidenta polo seu partido. Tamén a acusan de mentir, despois de que Silva asegurara onte a esta cadea que cumpriría co convenio asinado.

    Durán denunciou que xa intentaran paralizar as obras dos vestiarios de O Terrón. Unhas decisións das que o alcalde culpa directamente ao deputado socialista e concelleiro de Vilanova Javier Dios.

    Aragunde e Durán tamén criticaron a política do goberno provincial que, aseguraron, está a apoiar aos concellos de Pontevedra e Vigo en detrimento dos pequenos municipios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/vilanova_auditorio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/vilanova_auditorio.mp4{/flowplayer}