Tixolas, pedras e cinzas. Arte para concienciar contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA> O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista non pasou desapercibido en ningún lugar da comarca. O 2015 está sendo un ano cru, e xa hai que contabilizar 48 mulleres asasinadas a mans das súas parellas no que levamos de ano. O 2014 deixou 54 vítimas desta lacra.

 

Hoxe, 25 de novembro a praza da Peregrina quedou muda durante varios minutos despois do mediodía. O protagonista foi o ruído das tixolas da artista galega Ana Gesto, que puxo o son da reivindicación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero na capital.

O arte púxose ao servizo da loita contra a violencia machista, cunha acción que non pasou desapercibida para os pontevedreses. Unha muller pelexando coas cargas que ten que soportar e que, finalmente, non pode fuxir do seu tráxico destino.

Non pasou desapercibida a presenza da nai da pontevedresa desaparecida Sonia Iglesias.

Baixo o paraugas da campaña “Mulleres en acción. Violencia Zero”, a Deputación impulsou actos para conmemorar a xornada do 25 de novembro en dez concellos diferentes da provincia. No acto de Pontevedra, fixéronse pequenas videoconferencias con estes puntos, para enviar unha mensaxe de unidade nesta data. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/actos_25n.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/actos_25n.mp4{/flowplayer}