PONTEVEDRA> La Policía Xudicial investiga por un delito de lesións a dúas mozas acusadas de dar unha malleira a un mozo en Pontevedra. Os sucesos producíronse o domingo ás 9 da mañá na rúa Laranxo da capital e foi a propia vítima a que presentou a denuncia o mediodía do mesmo día na comisaría da Policía Nacional.
Acudiu co parte médico, que apuntaba a que os golpes lle produciran contusións, feridas incisas e un traumatismo cranial leve. A pelexa foi gravada en vídeo e difundida polas redes sociais, e xa se converteu en viral. Nel pódese ver ás tres presuntas agresoras dando patadas e puñadas ao denunciante. Dúas delas xa foron identificadas, e prestaron declaración acompañadas por avogados entre onte e hoxe. A primeira en declarar, unha moza de 25 anos e veciña de Pontevedra, ten antecedentes policiais. Recoñeceu que xa se coñecían doutras pelexas. A Policía Xudicial traballa para identificar a terceira rapaza, que ningunha das partes recoñecen.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/agresion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/agresion_pontevedra.mp4{/flowplayer}