![]()
CAMBADOS> Policía Local e Garda Civil puxeron en marcha un gran dispositivo policial, que non conseguiu identificar os agresores.
{flowplayer}images/salnes/ASALTO_PERRUQUERIA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
O suceso producise nesta perruquería cambadesa. Ó redor das 7 da tarde, dous homes competamente vestidos de negro irrumpiron no establecemento e agrediron ó seu propietario e a un compañeiro, que se atopaban no seu interior.
Para fuxir dos atacantes, o dono da perruquería, Martín Castro, decidiu saltar por unha as fiestras, a unha altura de aproximadamente dous metros. Debido ó golpe, o home tivo que ser trasladado por unha ambulancia ó centro de saúde cun importante corte na cabeza e un golpe no brazo.
Cando Policía Local e Garda Civil chegaron á perruquería, no establecemento, que presentaba signos de que se producira unha pelexa, non había rastro dos responsables nin do compañeiro do propietario. A pesares de que a Garda Civil ubicou varias patrullas nas saídas de Cambados, non puideron localizar ós agresores.
Segundo as versións dos veciños, non é a primeira vez que o establecemento é escenario de feitos deste tipo. O propietario da perruquería estivera en prisión por tráfico de drogas, polo que todo apunta a que se trata dun axuste de contas.
Redacción Salnés








