A Policía Local de Rianxo colaborará activamente na vixilancia das praias

    RIANXO> Sumarase así ós traballos de control que xa viña realizando a Garda Civil dende hai algún tempo. A confraría de pescadores de Rianxo vén de lograr unha implicación máis directa no control e vixilancia das súas concesións por parte da Policía Local. Este corpo de seguridade virá a sumarse os traballos que dende hai algún tempo vén realizando tamén a Garda Civil en colaboración cos propios vixilantes do pósito coa finalidade de erradicar dunha vez por todas ós furtivos das praias Segundo o patrón maior, Miguel Ángel Iglesias a partir de agora realizarase un traballo máis coordinado, xa que mesmo se elaborou de xeito conxunto, un calendario de vixilancias, no que terán en conta tamén as mareas. Segundo el esta axuda dos corpos de seguridade nos labores de vixilancia nas praias é fundamental. A presenza de furtivos nos areais rianxeiros, lonxe de diminuír, tal e como se agardaba despois de que o furtivismo fose tipificado coma delito, parece que vaia a máis, polo que os traballos de control nas principias zonas produtivas do pósito teñen que seguir realizándose. Máxime agora, ó achegarnos á campaña de Nadal, na que os mariscadores teñen postas moitas esperanzas, debido á demanda de produto para eses días.