Detidos catro presuntos integrantes dunha banda de ladróns moi perigosos

POIO>

 

Integraban presuntamente unha banda organizada dedicada a roubos en vivendas e polígonos industriais por toda España e están considerados moi perigosos e violentos. Ós dous detidos onte á mañá no control policial despregado pola Garda Civil en Poio sumábanse pola noite outros dous individuos. O condutor do BMW que protagonizaba unha espectacular fuxida e persecución por estradas de Vilagarcía, Pontevedra e Caldas tras saltarse ese control, e o seu acompañante. As forzas de seguridade levaban tempo trala pista desta banda, e crese que tanto os detidos no control como ós que lle deron caza trala fuga serían integrantes da mesma rede, aínda que non descartan que haxan máis membros na provincia de Pontevedra. Son de nacionalidade española. Os arrestados no operativo de Poio acumulan varios antecedentes policiais, e no rexistro do vehículo no que viaxaban os axentes atoparon pasamontañas e pancas de ferro, útiles cos que presuntamente forzarían as entradas dos edificios que roubaban.