Goyo Revenga continuará na corporación como edil non adscrito tras ser expulsado de Ciudadanos

PONTEVEDRA> Goyo Revenga non entregará a súa acta de concelleiro. Así o anunciou esta mañá o ata agora edil de Ciudadanos en Pontevedra. Revenga non entende que se lle cualifique de tránsfuga e defende a súa decisión de apoiar os presupostos municipais o pasado mes de febreiro. Motivo que lle ocasionou a súa expulsión da agrupación laranxa.

Esta decisión foi a que provocou a expulsión de Goyo Revenga de Ciudadanos. O edil decidiu apoiar os presupostos municipais do BNG e do PSOE o pasado mes de febreiro. Un feito que ía en contra das directrices do seu partido. A pesar das consecuencias que tivo esta actuación, Revenga asegurou hoxe que actuou da maneira máis coherente.

Cinco meses despois da súa decisión de apoiar os presupostos municipais, a agrupación laranxa decidiu expulsar a Goyo Revenga por tránsfuga. Unha definición que non foi ben recibida polo agora xa ex edil de Ciudadanos.

Revenga lamenta o camiño que está a adoptar Ciudadanos. Un camiño que, segundo el, está máis preto da “vella política” que da rexeneración.

Goyo Revenga asegura que non vai a entregar a súa acta de concelleiro e, polo tanto, seguirá na corporación como edil non adscrito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí