O sector marisqueiro da ría volve ao traballo tras 13 días de peche pola toxina

Pontevedra> O sector marisqueiro da Ría de Pontevedra volveu hoxe ao traballo despois do peche, debido á toxina, o 5 de abril. Pola contra, no sector bateeiro, continúan todos os polígonos pechados. Un cambio de tempo podería beneficiar a esta situación, que afecta sobre todo, ao mexillón. O sector marisqueiro de a pé volveu a traballo nesta semana despois do peche na ría de Pontevedra debido á toxina. Quenes non puideron volver ao seu día a día son os polígonos bateeiros do mexillón afectados aínda por esta toxina. Dende este sector propoñen facer analíticas mais curtas para que non afecten a toda a zona. No que vai do 2017 xa levan varios peches debido á toxina. Agora, agardan que un cambio de tempo poida permitir volver ao traballo os polígonos do mexillón da ría de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/toxina_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/toxina.mp4{/flowplayer}