PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe un novo programa de apoio ás entidades de benestar social. Chámase Impulsa Benestar e conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros. Son dúas liñas de apoio dirixidas a que estas asociacións adquiran vehículos ou fagan obras nos seus locais.
A Deputación de Pontevedra estrea novo programa, desta volta dirixido a apoiar ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia. Chámase Impulsa Benestar, e conta cun orzamento total de 1,1 millóns de euros.
Hoxe foi presentado ás entidades de benestar social pontevedresas. Impulsa Benestar engloba dúas liñas de subvencións. Están dotadas con 600.000 e 500.000 euros cada unha, para que os beneficiarios poidan realizar obras nos seus locais ou adquiran vehículos.
Nas dous liñas, o importe máximo da subvención non poderá superar o 80% do orzamento. No referente á convocatoria para a realización de obras nos locais das entidades, a contía máxima será de 80.000 euros por beneficiario e a intervención deberá estar valorada como mínimo en 100.000 euros.
Este Impulsa Benestar amplía as medidas impulsadas polo goberno provincial neste eido que, no que vai de mandato, mobilizaron máis de 22 millóns de euros.











