PONTEVEDRA> Dende hoxe, a receita electrónica concertada xa funciona tamén para os mutualistas de MUFACE. Son 17.000 as persoas na provincia de Pontevedra que xa poden solicitar a súa nova tarxeta. O sistema será semellante ao que xa se aplica no Servizo Galego de Saúde.
Os 17.000 mutualistas de Muface da provincia de Pontevedra xa poden solicitar a nova tarxeta que lles dará acceso á receita electrónica. Hoxe entrou en vigor o novo sistema, semellante ao que leva tempo funcionando no Servizo Galego de Saúde.
En Pontevedra, a Farmacia de Belén Rey, na rúa Frei Juan Navarrete, acolleu unha demostración do funcionamento deste novo servizo. A partires de agora, a incorporación dos usuarios será progresiva.
Tamén recoñecen dende o Colexio Médico as vantaxes deste novo sistema. Así as cousas, sinalan as dificultades que se poden atopar os facultativos na súa aplicación. Apuntan que moitos non saben como é o funcionamento, máis aínda tendo en conta que máis do 70% dos profesionais superan os 55 anos.
Pola súa banda, dende o Colexio de Farmacéuticos celebran a implantación deste sistema xa que, aseguran, contribúe a reducir a burocracia que asumen os profesionais.
Este sistema de receita electrónica para os mutualistas de Muface funciona dende hoxe en toda Galicia, onde son máis de 54.000 persoas as que reciben asistencia sanitaria no marco destes concertos con aseguradoras privadas.











