H. Pouso: ‘A proposta do BNG poñería en risco o mantemento de servizos’

    RIBEIRA> A edil de Facenda saíu así ó paso da solicitude efectuada polos nacionalistas na que solicitaba a modificación dos actuais valores do IBI. A portavoz municipal, Herminia Pouso, deu a coñecer esta mañá un informe elaborado polo propio servizo de Intervención que bota por terra a iniciativa presentada polos nacionalistas que solicitaba, entre outros aspectos, a actualización dos valores catastrais, que será debatida no pleno do luns. Segundo revelou a propia Pouso o informe alerta de que, de aplicarse a proposta, o Concello tería que aprobar un Plan de Saneamento Financeiro e un Plan de Reequilibrio ó diminuír os ingresos municipais en máis dun millón de euros. É máis segundo sinalou a propia edil de Facenda de levarse a cabo esta solicitude dos nacionalistas poñeríase en serio risco o mantemento de determinados servizos municipais. Con todo anunciou que o grupo de goberno vai presentar a este pleno unha emenda na que se proporá que, en función do resultado da liquidación do orzamento de 2015 e do comportamento dos ingresos, se estude unha posible rebaixa daqueles taxas e impostos en que os tributos non estean no mínimo legal, unha rebaixa que estaría supeditada en todo caso a non poñer en risco o equilibro económico-financeiro do Concello.