PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra abre unha nova liña de daxudas ao sector primario. Son un total de 700.000 euros dirixidos a confrarías de pescadores e a cooperativas agrogandeiras. Uns fondos que os beneficiarios poderán destinar a diferentes investimentos. No caso das confrarías tamén para afrontar gastos correntes.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova liña de axudas para o sector primario. A achega, dun total de 700 mil euros, foi aprobada esta mañá no marco da xunta de goberno provincial.
A liña de axudas ten dúas vertentes. Dunha banda, destínanse 350.000 euros ás cooperativas agrogandeiras, dirixidos a financiar investimentos. Neste caso, a achega máxima non pode superar os 45.500 euros en cada caso.
Da outra, a Deputación destina os 350.000 euros restantes ás confrarías de pescadores. Neste caso, 100.000 resérvanse para investimentos; 250.000 euros para financiar gastos correntes.
Neste caso, fíxase un máximo de 20.000 euros por entidade beneficiaria.











