Novos Cinemas, o primeiro festival internacional de cine de Pontevedra

PONTEVEDRA> Pontevedra terá o seu primeiro festival internacional de cine. En marzo de 2016 terá lugar a edición cero de Novos Cinemas. Cinco filmes, tres curtas e diferentes encontros cos directores e realizadores destas películas que achegarán as primeiras obras dos novos talentos cinematográficos a todos os pontevedreses.

 

Froito dunha colaboración entre o Concello e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo nace Novos Cinemas, o primeiro festival internacional de cine da cidade do Lérez.

Os días 11, 12 e 13 de marzo o Teatro Principal, a Casa da Luz, a Casa das Campás e o Museo de Pontevedra acollerán obradoiros de cine, encontros cos realizadores e directores dos filmes e a proxección das mesmas como protagonista indiscutible dunha fin de semana de película para Pontevedra.

Cun prezo de 2€ cada sesión e 5€ o abono de tres días, os organizadores esperan ter unha gran acollida entre o público que afianzará a realización da primeira edición oficial e competitiva entre un maior número de filmes para xuño do próximo ano.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/festival_cine_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/festival_cine_pontevedra.mp4{/flowplayer}