O PP Provincial considera que os orzamentos do Bipartito están feitos de costas aos concellos

Pontevedra> E de máis orzamentos se falou esta mañá, o PP Provincial fixo balance dos presupostos para o 2018 que mañá se aprobarán no pleno da Deputación. Para os populares estas contas están feitas de costas aos concellos, aos alcaldes e aos sindicatos. O PP dixo que estes orzamentos non contan con ningunha iniciativas e están carentes de ilusión. Ás portas da súa aprobación no pleno, esta mañá dende o PP Provincial fixeron balance dos orzamentos que mañá serán aprobados na Deputación para o ano 2018. Unhas contas que a deputada Elena Muñóz dixo que están realizadas de costas ás demandas do concellos e dos alcaldes da provincia. Uns orzamentos, que segundo a popular, inclúen e repiten actuacións que foron un fracaso a nivel provincial. Un orzamento, que segundo os populares, se realizaron sen manter ningunha reunión con veciños, concellos e sindicatos e polo tanto está carentes de iniciativas. Un orzamento que dende o PP votarán en contra por consideralos privatizadores e decepcionantes para a provincia de Pontevedra.