PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra avanza no seu estudo de viabilidade do destape do río dos Gafos. Sobre o terreos estanse a realizar os traballos de cata para coñecer as condicións do solo. O goberno local calcula que os resultados estarán listos a principios do mes de decembro.
Unha máquina traballa a bo ritmo en Campolongo para coñecer as condicións da contorna do Gafos. Están a realizarse as catas do terreo que o goberno local empregará para valorar a viabilidade do destape do río.
Mosquera asegurou que as catas están a achegar información moi importante sobre esta contorna. Como por exemplo que os muros laterais son impermeables e trapezoidais.
Os resultados estarán listos a principios do mes de decembro. Neles baseará o goberno local as súas decisións sobre este proxecto, para ter garantías de que unha intervención no terreo non afectaría aos edificios próximos ou ao colexio Campolongo.
O estudo xeotécnico foi adxudicado por 17.800 euros.