José Ramón Romero toma o relevo á fronte da Mancomunidade Barbanza-Arousa

BARBANZA> O pleno desta mañá da mancomunidade Barbanza-Arousa serviu para oficializar o traspaso de poderes á fronte da entidade.

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, cédelle o testemuño ó seu homólogo de Boiro, Xosé Ramón Romero.

Ademais do cambio da presidencia, o primeiro pleno do ano serviu para planificar a estratexia de traballo para este 2023.

A Mancomunidade afronta retos importantes este ano como o feito de levar adiante o plan de sostenibilidade turística para o que contará cun orzamento de millón e medio de euros procedentes de fondos europeos.

Entre outras cuestións Barbanza-Arousa seguirá traballando na súa aposta por consolidar esta comarca coma un destino turístico apetecible, non só para o turismo nacional senón tamén para o de fóra das nosas fronteiras, a través da desestacionalización e a mellora das súas potencialidades a nivel gastronómico, patrimonial, cultural e medioambiental, entre outras.

A súa intención pasa tamén por continuar potenciando a colaboración público-privada e o traballo co sector, iniciándose este ano a implantación do selo de calidade turística SICTED.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí