O executivo rianxeiro recupera para uso público unha zona degradada no Turreiro

RIANXO> O alumnos do obradoiro de emprego Carnero Valenzuela  traballan na recuperación dunha zona arborada no Turreiro, a carón do río Té. A actuación permitiu descubrir un espazo de indubidable valor paisaxístico para disfrute de veciños e visitantes.

Despois de cinco meses de formación, con clases teóricas e prácticas, e a falla de apenas un mes para o remate deste obradoiro de emprego, na especialidade de repoboacións forestais e silvícolas, o traballo alumnos participantes nesta iniciativa formativa xa está a dar os seus froitos, coa recuperación dunha zona arborada no Turreiro, a carón do río Té. Un espazo de gran valor paisaxístico, descoñecida para a maioría dos veciños, que agora poderán disfrutar dela.

O traballo dos alumnos baseouse principalmente na limpeza da maleza existente, a eliminación de especies invasoras e a retirada tamén do lixo esparexido, que facía do lugar un espazo degradado.

No obradoiro, integrado nun programa de garantía xuvenil, participan catorce alumnos, todos eles mozos e mozas menores de trinta anos, ós que se lle abre a posibilidade de obter un certificado de profesionalidade de validez nacional. Para moitos deles é a súa primeira experiencia laboral e ábrelles para o futuro a posibilidade de acceder a un posto de traballo.

O resultado salta a vista, lográndose recuperar unha nova zona verde e de lecer no municipio, totalmente degradada, para destinala a uso e disfrute de veciños e visitantes.

Comments are closed.