Os veciños das Carolinas esixen solucións ante os cheiros derivados das obras de saneamento

RIBEIRA> Veciños do barrio das Carolinas denuncian as molestias derivadas das obras que se están a desenvolver nun colector da rede de saneamento no paseo marítimo de Coroso. Dende que comezaron os traballos a principios de agosto din que os cheiros dentro das súas vivendas son insoportables, afectado mesmo á súa saúde.

Así de caldeados están os ánimos entre os veciños da zona dos Carolinas, ó inicio do paseo de Coroso. Denuncian as consecuencias das obras que se están a executar na rede de saneamento, concretamente nun colector próximo ás súas vivendas. Dende que comezaron, a principios de agosto, son constantes cheiros nos seus domicilios converténdoos case que en irrespirables.

O pasado día 30 mantiveron un encontro cos representantes do goberno local que se comprometeron a solucionar o problema no prazo dunha semana mediante a execución dun by-pass entre a antiga rede e a nova. Sen embargo, o problema persiste o que provocou un enorme malestar entre os afectados.

Ata o lugar desprazouse unha nutrida representación do equipo de goberno para interesarse polas queixas dos afectados. Conscientes do malestar xerado, comprometéronse a buscar solucións para minimizar os efectos destas obras que poderían estar rematadas no prazo dun mes.

Dende primeira hora da mañá, os técnicos de Viaqua examinaron a rede de sumidoiros detectando problemas nun deles que podería estar ocasionando os cheiros nas vivendas.

A tenente alcalde explicou que tentarán minimizar as molestias mentres duren as obras cuxa finalización está prevista para dentro dun mes. Mentres tanto xa se adxudicou o by pass que executará a empresa Nima nos próximos días.

Herminia Pouso explicou que no proxecto interveñen dúas administracións: Costas do estado que traballa no acondicionamento do paseo e o concello que asume a renovación do colector xeral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí