A taxa de esclarecemento delitivo en Rianxo sitúase por riba do 50%

RIANXO> A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu, xunto co alcalde, Julián Bustelo, a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade, na que se fixo unha valoración positiva dos datos de seguridade do concello e se resaltou a colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local.

Segundo informou a propia subdelegada os datos do ano 2023, en termos xerais evidencian un descenso do 15% no número de delitos, pasando de 273 a 235, cunha taxa de esclarecemento dos casos do 52%.

Na xuntanza tamén se abordou a análise dos datos relativos á violencia de xénero.

A subdelegada informou que neste momento, na provincia da Coruña hai 2.243 vítimas en VioGen, agradecendo a implicación do concello rianxeiro nesta loita, xa que é un dos 22 concellos da provincia no que a policía local está incorporada ó sistema VioGen de protección das vítimas.