O PP votará “non” ós orzamentos municipais

21

PONTEVEDRA> Con respecto ó documento orzamentario, o PP anunciou que votará en contra, xa que non cumpre cos cinco puntos que consideran fundamentais: emprego, actuacións no rural, transporte metropolitano, novo PXOM e baixada de impostos.

Ó remate da comisión de economía e facenda na que o goberno local entregou o orzamento para o 2019 ós demais grupos políticos, Rafa Domínguez compareceu para confirmar que votarán en contra. Sobre a negociación levada a cabo nos últimos días, concluíu que é síntoma de que para as municipais de Maio non hai máis que dúas opcións: Lores ou o PP.

Domínguez acusou ó BNG de vivir das rendas dos primeiros mandatos.

Sobre os orzamentos explicou que botan en falta cinco puntos que consideran, que son un plan estratéxico de emprego, a actuación urxente nas parroquias e barrios, a implantación do transporte metropolitano, a elaboración dun novo PXOM e a redución de impostos.

Domínguez lamentou que se rexeitaran as propostas do PP ó respecto destes temas.