O PP lamenta a imaxe negativa de Pontevedra durante a festa de Peñas

Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra fixo esta mañá balance da festa de Peñas, lamentando a mala imaxe que, segundo din, se transmite da cidade durante esta celebración. Rafa Domínguez afirmou que é unha festa que está descontrolada e que afecta negativamente a veciños, hostaleiros, turistas e, fundamentalmente, a menores de idade.

O PP local, a través do seu presidente e portavoz municipal, presentou un balance moi negativo da celebración de Peñas, xa que considera que a cifra de intoxicacións etílicas, sobre todo en menores, é preocupante.

Rafa Domínguez indicou que esta mala imaxe afecta a veciños, hostaleiros, turistas e, volveu insistir, a menores de idade.

Coma solución para esta situación, o PP propón  a creación dunha mesa composta por tódolos afectados na que se analice a situación.

Dende o PP lamentaron a imaxe que se da da cidade,  facendo referencia a mensaxes críticas nas redes sociais e pediron ó goberno local que se exerza un maior control do consumo de alcol en menores.