A Fundación Amigos de Galicia “comparte ilusión” cos máis pequenos

PONTEVEDRA> “Comparte ilusión”. Ese é o lema dunha das campañas da Fundación Amigos de Galicia. Grazas a esta iniciativa, milleiros de menores de familias en situación de risco ou exclusión social tiveron este Nadal un agasallo. Hoxe, estes regalos foron entregados aos nenos da Asociación Amencer Aspace.

A Fundación Amigos de Galicia converteuse esta mañá en axudante oficial dos Reis Magos. Porque grazas á campaña “Este Nadal comparte ilusión”, este colectivo conseguiu entregar máis de 2.600 xoguetes a menores en risco de exclusión social de toda Galicia. Hoxe foi a quenda dos nenos e nenas do colexio Amencer de Pontevedra.

En total foron 23 os nenos que recibiron hoxe os agasallos da Fundación Amigos de Galicia. Nas súas caras podíase ver a viva imaxe da alegría e da ilusión.

Pero estas imaxes non serían posibles sen a axuda e a colaboración de centos de voluntarios.

Grazas a estes voluntarios, a campaña da Fundación Amigos de Galicia medra cada ano e a ilusión chega cada Nadal a máis nenos e nenas.