Nieves Herrero planta a súa árbore no Parque da Comunicación

    BOIRO> A xornalista Nieves Herrero xa forma parte do parque da Comunicación despois de plantar a súa árbore neste emblemático espazo situado no paseo de Barraña en Boiro. A recoñecida comunicadora agradeceu o convite da asociación Expopress para sumar o seu nome á longa lista de profesionais que xa deixaron a súa pegada no parque barbanzán. Á dilatada traxectoria profesional de Nieves Herrero como xornalista, con máis de tres décadas presente en radio e en televisión, engádese a súa faceta como escritora con sete libros publicados. A súa última novela, que leva por título ‘Como si no hubiera un mañana’ , foi presentada no auditorio do Museo Valle Inclán da Pobra, nun acto organizado polo Club de Periodistas de Galicia Expopress. Previamente, Nieves Herrero, participou na plantación dunha árbore no parque da comunicación, un xesto xa habitual entre os numerosos xornalistas que visitan a comarca convidados pola asociación. Nun acto moi emotivo, Nieves Herrero tivo palabras de lembranza para o seu mentor, Xesús Hermida, falecido este mesmo ano. Pola súa banda, o alcalde boirense exerceu como anfitrión convidando á xornalista a desfrutar dos atractivos non só do concello senón de toda a comarca, destacando a beleza das súas paisaxes e, especialmente, a gastronomía.