Pontevedra, un referente de cidade literaria

PONTEVEDRA> Co obxectivo de reivindicar a identidade de Galicia e os dereitos civís, sociais e políticos, Pontevedra acollerá esta fin de semana o Parlamento de Escritores e Escritoras. Un evento no que participarán grandes autores como Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Tamara Andrés.

Tres escenarios, dúas xornadas e un formato novidoso. Así presentaba o Concello a nova iniciativa que se desenrolará esta fin de semana en Pontevedra. O Parlamento de Escritores e Escritoras chega á Boa Vila para que os autores máis populares do panorama galego, poidan reflexionar sobre a identidade e os dereitos civís dende a escrita.

O presidente da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega asegura que este evento nace pola vulneración dos dereitos culturais, sociais e políticos e porque a liberdade de expresión está a vivir unha época de censura.

Pola Boa Vila pasarán grandes escritores e escritoras como Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés ou Manuel Rivas, quenes debatirán sobre asuntos de actualidade como o feminismo ou a migración.

O evento celebrase entre o venres e o sábado no Pazo de Mugartegui, no Pazo de Cultura e no Teatro Principal. Todas as actividades son de balde ata completar aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí