Vilagarcía e Ribeira sentan as bases do Eixo Atlántico para dinamizar a Ría

    eixo_atlantico100.jpgVILAGARCÍA> A alcaldesa de Vilagarcía reuniuse hoxe co secretario do Eixo Atlántico. Un ente que trata de crear asociacións urbanas, entre cidades limítrofes…

     {flowplayer}images/salnes/140509_eixo_atlantico.flv{/flowplayer}

    … co obxectivo de facelas máis fortes e competitivas. O eixo Atlántico pretende fixar uns proxectos comúns entre Vilagarcía e Ribeira. Dúas cidades que conxugan unha poboación de 200.000 habitantes. O que suporía a terceira potencia económica, con máis habitantes de Galicia.

    A través do Eixo Atlántico, Vilagarcía e Ribeira planificarán en conxunto o futuro da comunicación, a mobilidade, a modernización da administración, o turismo ou o urbanismo.

    O eixo atlántico vai facer un estudio, sobre as necesidades conxuntas de Vilagarcía e Ribeira. Para o que se vai recoller información entre os colectivos políticos, sociais e económicos. A partir de aí redactarase un documento con cinco obxectivos, prioritarios, para crear unha zona competitiva en termos económicos e empresariais.

    Redacción Salnés