A reconstrución dos bancos de Ravella irá a pleno

    BANCOS_RAVELLA_copy.jpgVILAGARCÍA> Así o decidiu a comisión veciñal tras a falta dun acordo coa alcaldesa e o edil de Xestión do Territorio na reunión que mantiveron.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_BANCOS_RAVELLA.flv{/flowplayer}

    A polémica comezou o pasada semana cando o edil de Xestión do Territorio de Vilagarcía ordenou o derribo dos bancos de Ravella. Trala creación dun comité de cinco persoas en contra desta medida, decidiron reunirse cos portavoces dos grupos municipais.

    Esta tarde, o primeiro encontro foi coa alcaldesa, Dolores García, e o edil de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín. Tal e coma o explicaba un dos membros da comisión, Juan Carlos Porto, un encontro moi técnico no que non se comprometeron a restauralos bancos ó seu estado orixinal.

    Por iso, levarán ó pleno do vindeiro xoves a petición de reconstruír os elementos ó seu estado orixinal. No segundo encontro mantido cos voceiros dos grupos municipais, salvo a do partido socialista, tanto o BNG coma PP, IVIL e EU mostraron o seu total apoio.

    Polo momento, esta comisión de veciños presentará mañá o escrito correspondente no concello para que se debata no vindeiro pleno a modificación ou non do proxecto do parque de Ravella.

    Redacción Salnés