Preto de 200 persoas participarán na Ruada do Traxe Tradicional de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira celebrará este sábado a terceira edición da Ruada do Traxe Tradicional Galego. Participarán neste encontro máis de 180 persoas e diversos grupos de música tradicional.

A asociación das amas de casa de Ribeira volve organizar por terceiro ano a Ruada do Traxe Tradicional Galego. Comezará xa as cinco e media da tarde coa animación musical polas rúas de Ribeira a cargo do grupo Tahume. Será ás 7 cando a ruada integrada por preto de 200 participantes percorrerá as principais rúas do centro de Ribeira ata a praza do concello onde á oito comezará a gala.

Participarán neste encontro numerosas agrupacións de música tradicional así como a asociación do traxe galego de Santiago.

InsertoDende a asociación de amas de casa animan á cidadanía a participar ataviados con compoñentes de traxes tradicionais.

Ademais da exhibición do traxe rexional durante a xornada instalaranse na alameda postos de artesanía galega.