Viticast, un revolucionario proxecto que podería reducir o uso de fitosanitarios ata nun 40%

CAMBADOS> Os viñedos de Rías Baixas participan nunha iniciativa de intelixencia artificial que pode supor un gran avance para o sector. Falamos do Viticast. Trátase dun innovador proxecto que permite previr enfermitadades da vide e reducir ata nun 40% o uso de produtos fitosanitarios. Hoxe organizouse unha xornada entre Vilagarcia e Cambados centrada nos avances conseguidos ata o de agora

Viticast busca desenvolver un modelo de predición das enfermidades da vide. Aquí en Rías Baixas, a súa principal misión é previ-lo mildeu. O obxectivo final, que o viticultor poida anticiparse para poder reduci-lo uso de produtos fitosanitarios ata nun 40%.

O proxecto estase a desenvolver no laboratorio, coa análise de mostras, e -por suposto- en campo. En total 8 parcelas de Rías Baixas, O Ribeiro, Valdeorras e Ribera del Duero.

Ese proceso de recollida de mostras faise a través de captadores de esporas como este, instalado nun viñedo de Cambados. Hoxe visitou a parcela este grupo que participou nunha xornada demostrativa. Entre os asistentes, profesionais do sector chegados dende Cataluña, onde tamén se está a desenvolve-lo proxecto.

O proxecto Viticast está liderado pola empresa galega Monet Viticultura. Conta tamén, entre outros, coa participación da  Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa Universidade. A niciativa estase a sufragar nun 80% con fondos europeos. O 20 restante apórtao o Ministerio de Agricultura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí