A Xunta e Gálix recollen nun catálogo 118 libros para mozos

catalogo copia.jpg PONTEVEDRA> É unha recopilación dos títulos e sinopses de obras de literatura infantil e xuvenil publicadas no 2011 para a súa difusión mundial.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_INFANTIL_GALICIA.flv{/flowplayer}

‘Galician Books for Children and Young Adults’ é o título do catálogo no que se recollen 118 referencias de libros de literatura infantil e xuvenil publicados durante o pasado ano. A obra está editada en galego, castelán e inglés e ten como fin promover a produción literaria galega a nivel internacional.

Cada un dos títulos compleméntase cunha pequena sinopse sobre o contido do libro e información sobre o seu autor e o ilustrador da obra.

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou coa Asociación Galego do Libro Infantil e Xuvenil na edición deste catálogo. A súa finalidade será distribuílo na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, en Italia, evento que se celebrará a vindeira semana e que constitúe o referente profesional, a nivel internacional, da edición infantil e xuvenil.

Redacción Salnés