Superheroes por unha boa causa

Pontevedra> A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra presentou esta mañá o seu calendario solidario onde poderemos ver aos compoñentes de esta entidade e aos políticos da provincia convertidos en superheroes. Afonso Rueda é Thor, Miguel Anxo Fernández Lores é Iron Man e Carmela Silva a muller do capitán trueno. Un calendario que terá unha tirada de 150 exemplares e que todavía está perfilar a qué entidade benéfica irá destinado estes fondos. 

 

Seguro que máis de un de pequeno quixo ser un superheroe, e agora, anos máis tarde chegou ese momento… A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra presentou esta mañá o seu calendario solidario onde os compoñentes de esta entidade e os políticos da provincia se convirten en superhéroes, así podemos ver a Alfonso Rueda como Thor, a Miguel Anxo Fernández Lores como Iron Man ou Carmela Silva como a muller de capitán Trueno. Unha iniciativa moi divertida para todos os que formaron parte dela. Esta mañá falaron da mesma dende Ciudadadnos e dende as filas populares da cidade de Pontevedra. 

Este calendario contará cunha tirada de 150 exemplares e terá un prezo de 5 euros. Aínda que a día de hoxe dende AJE non teñen decidido a qué entidade benéfica irán destinados os fondos recadados grazas a este calendario. 

Apoio tamén deste calendario dende a Deputación

Os interesados en contar cun calendario solidario xa poden mercalo nas oficinas de AJE Pontevedra na Rúa dos Ferreiros número 28. Ainda que dende esta asociación xa anunciaron que terá máis puntos de venda que darán a coñecer nos vindeiros días.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/aje_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/aje.mp4{/flowplayer}