Malestar en Rianxo por unha nova ausencia do pediatra no centro de saúde

    RIANXO> Ó parecer o único especialista en medicina infantil co que conta o dispensario está de vacacións, e a Xunta aínda non enviou a un substituto. Os usuarios do centro de saúde de Rianxo, especialmente os pais, quéixanse unha vez máis da ausencia do pediatra. Ó parecer cada vez que o especialista en medicina infantil colle unha baixa ou está de vacacións, como acontece neste caso, non lles queda outra que levar ós seus fillos a urxencias, ó médico de cabeceira ou a un especialista de pago. O malestar por esta situación xa chegou ó concello, Administración á que moitos pais xa recorreron na busca dunha solución. O alcalde, Adolfo Muíños, arremeteu contra a Xunta, solicitando a reposición dun novo facultativo. Dende o concello non descartan que, conxuntamente cos pais afectados, non se leven a cabo outro tipo de medidas e actos de protesta, coa finalidade de que se atenda a súa solicitude.