Lousame celebra a oitava edición da Festa do Carneiro

    LOUSAME> Esta pasada fin de semana celebrouse en Lousame a oitava edición da Festa do Carneiro. A cita reuniu no campo da festa do San Roquiño en Tállara a numerosas persoas que non quixeron perder a ocasión de degustar este rico manxar. Organizada pola Asociación Cultural San Roquiño en colaboración co propio concello de Lousame degustáronse unhas cincocentas racións de carneiro cociñado ó estilo caseiro, guisado con patacas redondas. Durante toda a xornada do sábado desenvolvéronse tamén numerosas actuacións musicais, con grupos de gaitas e unha discoteca móbil, que se encargaron de animar o ambiente dentro da carpa instalada para a ocasión.