A Pobra acollerá os actos centrais do BNG do Barbanza polo Día da Galiza Mártir

    BARBANZA> O BNG do Barbanza celebrará varios actos en conmemoración do Día da Galiza Mártir. Este xoves terá lugar unha ofrenda floral en memoria de Alexandre Bóveda seguida dunha charla informativa a cargo do deputado nacionalista, Luís Bará. O día dez terá lugar o acto comarcal organizado polo BNG na Pobra, na confluencia das rúas Alexandre Bóveda e San Roque. Ademais da ofrenda floral e da charla desenvolveranse unha serie de actividades nos distintos concellos. En Ribeira, o día dezaseis terá lugar un roteiro polas rúas que levan os nomes de dous represaliados polo franquismo.Tamén en Boiro celebrarase unha homenaxe a un fusilado, aínda por determinar, na rotonda de Cimadevila.