RIBEIRA> O BNG de Ribeira non aprobará finalmente os orzamentos. Os nacionalistas decidiron rexeitar o ofrecemento do alcalde para negociar unha novas contas que apenas permitían introducir modificacións.
A asemblea local do BNG de Ribeira decidiu non mudar o sentido do seu voto e manter o rexeitamento á proposta orzamentaria do goberno. Os nacionalistas adoptaron esta decisión tras manter un encontro co alcalde no que tan só lle ofrecía negociar unha pequena partida orzamentaria de millón e medio de euros.
Malia que non facilitarán a aprobación das contas, dende o BNG si está dispostos a desbloquear outras partidas económicas fundamentais polo que todo apunta a que si apoiarán o suplemento de crédito que proporá o goberno no pleno do luns.
Trala negativa dos nacionalistas, ó grupo de goberno apenas lle quedan opcións para sacar adiante os orzamentos. de non chegar a acordo con outro grupo antes do martes, as contas quedarían prorrogadas automaticamente.