RIBEIRA> O programa de Garantía Xuvenil promovido pola Consellería de Economía e Emprego chegou ata Ribeira. Numerosos mozos achegáronse ata a unidade móbil instalada no paseo do Malecón para informarse sobre a oferta formativa e de emprego enmarcada neste programa. Da man de dous orientadores coñeceron as vantaxes de inscribirse nesta iniciativa, dirixida a mozos menores de trinta anos que quedaron desempregados tras rematar os estudos. A través deste programa poden recibir ofertas de emprego, optar a realizar prácticas en empresas ou decantarse pola formación continua. Tralo seu paso por Ribeira, unha orientadora desprazarase mañá ata Noia onde impartirá unha charla a partir das cinco da tarde na casa da cultura.
Inicio Barbanza - Muros - Noia