POBRA> O Concello ten previsto acometer de inmediato unha actuación que permitirá a eliminación do desnivel existente na entrada principal da casa consistorial, entre a vía pública e o interior do consistorio.
A actuación na que se investirán preto dos 20 mil euros, dos que estarán subvencionados ó redor dun 75% a través da consellería de Vicepresidencia, prevé tamén a instalación dun pórtico de cristal con sensor de movemento.
Tamén se levará a cabo a remodelación do itinerario que enlaza a porta principal co ascensor da parte ampliada da edificación e pecharase a área de Recadación cunha cristaleira.











