A Policía Local de Cambados controulou case 5.000 vehículos durante os peches perimetrais

CAMBADOS> Durante o ano 2020 a Policía Local de Cambados recibiu 15.000 chamadas telefónicas, moitas delas solicitando información sobre o coronavirus. O corpo fai balance dun ano atípico, marcado polas súas novas tarefas, como os controis dos peches perimetrais. Salientan que, polo xeral, a maioría da poboación está a cumprir coas normas.

O coronavirus marca a vida en tódolos ámbitos, tamén na actividade dos corpos e forzas de seguridade. É o caso da Policía Local de Cambados. Durante o ano 2020, o traballo dos axentes estivo condicionado polo virus e polas novas tarefas que tiveron que asumir.

Na centraliña da Policía Local recibiron 15.000 chamadas, moitas delas preguntando información sobre a crise sanitaria e a sucesión de restricións que se foron impoñendo.

Outra das novas enconmendas da Policía Local son os controis de mobilidade. En Cambados fixéronse durante o ano pasado case 340, coa revisión de case 5.000 vehículos. Tan só 120 persoas foron sancionadas por moverse sen causa xustificada, o que dá unha idea do elevado nivel de cumprimento das normas. Caso tamén das inspeccións en locais de ocio e restauración, onde só se tramitaron 20 denuncias.

O día a día no corpo segue centrado na xestión da pandemia, un traballo na maioría dos casos coordinado co da Garda Civil.

En Cambados, o corpo ten nestes momentos 15 axentes. Vaise reforzar, como tódolos anos, coa chegada de auxiliares, a partir da primavera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí