Louzán non deixou fondos para o pavillón de Rubiáns, que terá que agardar a 2016

    VILAGARCÍA> O pavillón para o colexio de Rubiáns terá que agardar. A presidenta da Deputación revelou  que o anterior goberno non consignou cartos para esta obra, unha promesa feita pouco antes das eleccións polo seu predecesor, Rafael Louzán. Trala súa primeira reunión institucional co alcalde de Vilagarcía, Carmela Silva negou, ademais, que a Deputación poida construír unha na estrada nacional para mellorar o acceso ao Hospital do Salnés.

    Rubiáns terá que agardar polo pavillón para o seu colexio. A presidenta da Deputación desvelou esta mañá que o anterior goberno non deixou ningunha partida para esta obra.

    Non foi a única crítica ás promesas de Rafael Louzán. Silva tamén se pronunciou sobre o proxecto do seu predecesor para construír unha rotonda de acceso ao Hospital do Salnés na estrada nacional. Unha mentira, asegurou, aínda máis grave.

    Trala súa primeira xuntanza institucional co rexedor vilagarcián, Silva anunciou que ambos sentarán para abordar estas cuestións. O pavillón será prioritario, e intentarán realizalo no 2016. En canto ao acceso ao hospital, pedirán a Fomento que acometa as melloras.

    Silva e Varela tamén acordaron que a Deputación reinvestirá en Vilagarcía 140 mil euros sobrantes de obras xa adxudicadas. Tamén poderán destinar a outros proxectos contías xa aportadas polo goberno provincial para outras actuacións.

    Agora o goberno de Vilagarcía terá que decidir o mecanismo que prefire para artellar a colaboración da Deputación: ben adheríndose ao fondo local que porá en marcha a institución, ben asinando un protocolo plurianual que se iría concretando cada exercicio.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/reunion_silva_varela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/reunion_silva_varela.mp4{/flowplayer}