Presentación e desfile das escolas deportivas de Poio

POIO> Poio presenta as súas escolas deportivas que levan traballando dende o mes de outubro no fomento do deporte base. Este curso incluíronse entre as diferentes modalidades o atletismo e o ciclismo e de todas  as actividades estanse a beneficiar máis de 900 alumnos.

 

Este domingo día 13 as escolas deportivas do concello de Poio reuniranse no pavillón municipal para dar a coñecer o seu traballo e fomentar así o deporte entre os máis cativos.

Este ano ás diferentes modalidades xa consolidadas na localidade como o fútbol, o balonmán a patinaxe ou o taekwondo únense dúas máis que están a colectar un grande éxito.

22 actividades diferentes cun total de 910 alumnos que ademais de realizar exhibicións participarán no seu xa tradicional desfile. Un protagonismo especial terá a escola deportiva de ximnasia rítmica que cumpre 20 anos e o grupo Saraiba. Eles serán os encargados de preparar o fin de festa.

O alcalde de Poio lembraba esta mañá como evolucionaron as escolas deportivas dende ese momento ata o de agora.

A entrada é gratuíta, pero aproveitando a cantidade de persoas que se van a congregar nun mesmo espazo dende Protección Civil quérese realizar unha colecta benéfica de alimentos non perecedoiros que se doarán aos servizos sociais do concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/escolas_deportivas_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/10/escolas_deportivas_poio.mp4{/flowplayer}