Preto de tres mil corredores participarán na IV Edición da Carreira Sin-Son

    PORTO DO SON> Récord de participación. Finalmente serán uns 2.878 atletas, sumando tódalas categorías, os que tomarán parte este domingo na Sin-Son 10k. A saída está prevista para as dez e media da mañá dende a explanada portuaria de Portosín. O traballo da organización da proba aumenta estes días, á falla de apenas dous días para a celebración da carreira. Non se deixa nada a improvisación, coidándose ata o máis mínimo detalle para que non haxa ningún tipo de problema o día da carreira para os participantes. Un dos aspectos nos que están a poñer maior atención é no reparto de dorsais, que en moitos casos xa se pode realizar con antelación ó propio día da carreira, nos puntos habilitados pola organización. Como vén sendo habitual, na xornada previa do sábado volverá a celebrarse a feira do corredor, con stánds e actividades relacionados con este deporte. Un dos principais atractivos da proba será tamén o nivel de participantes con varios campións de España como é o caso de Solange Pereira en féminas, e Pedro Nimo, Alejandro Fernández ou Chema Martínez en categoría masculina, que parten a priori coma principais favoritos para levarse a victoria na proba.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí