Unha delegación de Mar de Santiago viaxará a Fátima para promocionar a ruta xacobea no país veciño

PONTECESURES> Representantes de Mar de Santiago viaxarán a Fátima para promocionar a ruta xacobea na vila portuguesa. A organización busca atraer a máis peregrinos que realizan o camiño por motivos relixiosos. Este tipo de turismo é a prioridade de Mar de Santiago para este 2023.

A ruta xacobea marítima polo río Ulla Mar de Santiago crece a pasos axigantados dende a súa postas en marcha hai pouco máis de dous anos. Dende o seu inicio, Mar de Santiago tivo un idilio con Fitur, xa que foi un dos espazos onde se deu a coñecer e que propiciou a súa promoción. Sen faltar á cita, a ruta estivo presente nunha nova edición da feira de turismo poñendo en valor todo o avanzando nestes anos.

No seu paso por Fitur, os catros concellos que forman parte desta ruta xacobea mantiveron numerosos encontros con touroperadores e outras administracións nacionais e internacionais. O seu principal obxectivo é potenciar o turismo relixioso.

Con este obxectivo, representantes de Mar de Santiago desprazaranse á vila portuguesa de Fátima para potenciar a súa ruta. De feito, precisamente por Pontecesures tamén transcorre o camiño a Fátima.

Os obxectivos de Mar de Santiago para este 2023 pasan por potenciar turismo relixioso pero tamén por potenciar que máis empresas formen parte do proxecto.

Ademais do turismo portugués que é a gran prioridade, dende Mar de Santiago tamén miran a outros países e continentes que interesados nesta ruta histórica do camiño de Santiago como é o caso dos países sudamericanos e de China.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí