Porto do Son réndese ós encantos do polbo

PORTO DO SON> Bo ambiente, música…e sobre todo polbo!! Porto do Son rendeu culto esta pasada fin de semana a un dos seus produtos gastronómicos estrela.

Un ano máis o encargado dos fogóns, foi o afamado polbeiro, Veloso, que preparou o cefalópodo como é costume ó estilo tradicional.

Durante dous días, o sábado e o domingo, a vila converteuse en polo de atracción para os amantes deste manxar da nosa ría, que é ademais unha das nosas señas de identidade.

A música tampouco faltou na festa, coa actuación durante os dous días de diversos grupos tradicionais, que se encargaron de animar a sobremesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí