Ribeira prevé licitar as obras do futuro polígono a principios de verán

RIBEIRA> A tramitación do futuro polígono de Ribeira avanza segundo os prazos previstos. O concello prevé poder licitar o proxecto de cara ó verán para iniciar as obras ó longo deste mesmo ano.

Unha vez adxudicada a redacción dos proxectos tanto de expropiación como construtivos, o concello de Ribeira traballa agora para licitar proximamente a conexión das redes de abastecemento de auga e saneamento para dar servizo ó novo polígono.

Paralelamente, estanse a desenvolver xuntanzas cos empresarios da localidade para determinar as necesidades de terreo de cara a organizar a distribución das parcelas.

A intención do executivo é poder licitar as obras a principios do verán para que comecen a executarse neste mesmo ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí