BARRO> 8 emprendedoras forman parte este ano da segunda edición do programa de emprendemento de SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Durante tres meses recibirán as ferramentas e o asesoramento necesario para poder consolidar as súas empresas. O obxectivo da deputación é fomentar o emprendemento rural e favorecer a economía sostible.
Dende o pasado 21 venres a Deputación de Pontevedra ten en marcha a segunda edición do programa de emprendemento SmartPeme. Nesta edición o protagonismo é feminino, xa que no programa estanse a formar 8 emprendedoras con seus proxectos empresariais. O obxectivo da administración provincial é fomentar o emprendemento rural e favorecer a economía sostible.
Para conseguir esa consolidación, o coworking de Barro axuda dota ás emprendendoras das ferramentas e do asesoramento necesario para consolidar as súas empresas.
Dende o propio concello de Barro quixeron poñer en valor o traballo realizado pola Deputación para impulsar estes proxectos e favorecer a creación de empresas.
Precisamente, este resultado, segundo a presidenta da Deputación de Pontevedra, é todo un éxito.
A pesar de destacar os resultados do se programa de emprendemento, dende a Deputación de Pontevedra lamentan a falta de apoios da xunta ao polígono de Barro. Carmela Silva pide a Rueda que invista na zona industrial para crear unha oferta interesante para o asentamento de empresas