Rafa Domínguez acusa ao PSOE de ser “feministas de anuncio”

PONTEVEDRA> O Teatro Principal de Pontevedra acolleu esta mañá a celebración do pleno ordinario de novembro. Unha sesión marcada pola moción do PP na que se reclamaba a posta en marcha dun centro de acollida para as mulleres que sofren violencia de xénero. Unha proposta que, finalmente, será trasladada á Xunta de Galicia.

O PP presentou hoxe no pleno ordinario de novembro unha moción para a posta en funcionamento dun centro de acollida para as mulleres vítimas de violencia de xénero. A proposta dos populares foi emendada polo PSOE ao entender que esta debería ser unha competencia da Xunta de Galicia.

Ante a emenda presentada, os populares seguiron defendendo que as casas de acollida non son competencia autonómica e acusaron ademais aos socialistas de converterse en “feministas de anuncio”.

Pola súa banda, o BNG recordou que o centro proposto polos populares non podería dar apoio as pontevedresas.

Finalmente a emenda dos socialistas foi aprobada grazas ao apoio dos nacionalistas. Polo tanto, a proposta do PP de crear un centro de acollida será trasladada á Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí