O PP pide paralizar durante un ano a concesión de licenzas para plantas de compostaxe

PONTEVEDRA> O Partido Popular levará a futura planta de compostaxe de A Canicouva a pleno. O principal partido da oposición presentou unha moción para debater a suspensión da concesión de licenza á creación dunha planta de compostaxe en solo rústico. Unha parálise que duraría un ano. Na rolda de prensa, o voceiro popular compareceu con membros da Plataforma ‘Residuos Non”, partidarios de crear pequenas plantas de compostaxe en todas as parroquias.

A futura planta de compostaxe de A Canicouva volverá ao pleno municipal. O Partido Popular presentou unha moción para que se debata unha posible suspensión da concesión de licenza á creación dunha planta de compostaxe en solo rústico. A parálise duraría un ano, co obxectivo de estudar unha modificación do PXOM que regule o uso deste solo.

Moreira compareceu acompañado da Plataforma ‘Residuos Non’, creada polos veciños de Pontesampaio que se opoñen á planta.

Aseguran que a súa instalación afectará aos mananciais de auga que consume a súa parroquia. Queixas que, insisten, nunca se molestou en escoitar ninguén do concello. Dende a plataforma apostan pola creación de 15 pequenos composteiros, un por cada parroquia pontevedresa.

Jacobo Moreira cualificou de improvisación a sinatura do contrato de aluguer entre o concello e a comunidade de montes de A Canicouva. Ao seu xuízo, o correcto sería asinar un de reserva de uso, para evitar pagar 20 mil euros anuais por uns terreos que aínda non se sabe cando se van usar.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/pp_compostaxe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/pp_compostaxe.mp4{/flowplayer}