60.000€ para o convenio entre Deputación e concellos con sendeiros azuis

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra pon en marcha un convenio cos 9 concellos da provincia adheridos á Rede de Sendeiros Azuis. Cunha partida inicial de 60.000€ desenvolveranse as primeiras actuacións concretas como sinalización, mantemento e promoción. Para o 2016 tamén presentarán un proxecto co que optar a Fondos Europeos.

 

Nunha reunión esta mañá na Deputación de Pontevedra, a presidenta, Carmela Silva, e o Deputado de Cooperación Municipal, David Regades, acordaron cos 9 concellos da provincia que dispoñen dun Sendeiro Azul a firma dun convenio marco coparticipado co que revitalizar a rede de sendeiros e convertela nun elemento  de atracción turística.

Cunha partida inicial de 60.000€ realizaranse as primeiras actuacións nestes sendeiros que enlazan praias e portos con bandeira azul como a creación ou mellora da sinalización e o mobiliario, o mantemento do mesmo ou unha campaña de promoción común para todos.

Os alcaldes dos 9 concellos: A Illa de Arousa, Sanxenxo, Cangas, Bueu, A Guarda, Vigo, Nigrán, Baiona e Pontecaldelas, non tardaron en valorar moi positivamente a medida.

Antes do 31 de decembro quedará firmado ese convenio que se completará coa presentación dun proxecto en 2016 para optar a Fondos Europeos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/sendeiros_azuis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/sendeiros_azuis.mp4{/flowplayer}