Gastronomía, obradoiros e concursos para celebrar o Entroido de Poio

POIO> O Concello de Poio deu a coñecer hoxe a programación deste Entroido 2021. Unhas festas adaptadas á situación sanitaria pero na que non faltarán os disfraces e a alegría. Os eventos poderán seguirse a través do perfil de Facebook de Poio Cultura.

O Concello de Poio celebrará este ano un Entroido virtual. Un carnaval diferente ao de anos anteriores que haberá que gozar dende as nosas casas. A programación, iso si, está chea de actividades para todos os públicos e será inaugurada este mesmo venres. O chef Pepe Solla será o encargado de dar o pistoletazo de saída.

A gastronomía será un dos eixos principais deste Entroido virtual pero non o único. O goberno local invita a todos os veciños a disfrazarse aínda que sexa na casa.

A programación completarase cos “tutoriais choqueiros”, obradoiros infantís sobre cultura popular.

Para rematar o Entroido, do 22 ao 27 haberá un “Concurso de Viuvos e Choqueiros”.

Todos os eventos poderán seguirse a través do Facebook da Asociación Ronsel, así como tamén de Poio Cultura. Unha forma diferente de seguir revivindo o Entroido aínda que sexa a través dunha pantalla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí