O feminismo fai historia en Pontevedra: centos de mulleres saen á rúa a prol da igualdade

PONTEVEDRA> Alto e ben claro. O futuro é feminista ou non será. A praza da Ferrería viuse desbordada para acolle-las reivindicacións dos centos e centos de mulleres que hoxe tomaron Pontevedra. A folga de 24 horas serve para reclamar unha igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres, unha xornada de paro feminista laboral, de coidados, de consumo, estudantil e asociativa á que están chamadas todas as mulleres. Os motivos, están máis que xustificados.

Tanto o acto desta maña, como o deste serán foron convocados polo colectivo Galegas 8M. No primeiro, as encargadas de le-lo manisfesto foron cinco mulleres da cidade, vinculadas historicamente ó movemento feminista.

Na concentración participaron de xeito maioritario mulleres, aínda que tamén puidemos ver algún home, nun segundo plano, tal como demandaban os colectivos convocantes desta folga de mulleres. A convocatoria repetiu o éxito da cita do ano pasado.

Comments are closed.